Colección Cadernos didácticos

Colección dirixida a completa-la educación dos escolares con actividades que lles axudan na súa formación, ben como apoio nas aulas, ben encargándose doutras materias extra-académicas, pero importantes na instrucción dos rapaces.

14 coleccións

Edicións Lea ten publicados máis de 200 libros en 14 coleccións.

 
libro

O libro do noso mar
María Solar


Dirixido ós rapaces, trata de todo o relacionado co mar: fauna, flora, pesca, marisqueo, mergullo, barcos afundidos, e da necesidade de conservacion. Todo contado polo capitán Faneca.

15 x 21. 120 páx. 10,85 €
I.S.B.N.: 84-89947-60-0

libro

100 xeroglíficos en galego
Laura del Río e Chema Suárez


Conxunto de xeroglíficos dirixidos ós máis novos para que aprendan a asociar imaxes con significados, ó tempo que van familiarizándose con algún léxico e coa xeografía galega.

15 x 24. 120 páx. 7,25 €
I.S.B.N.: 84-89947-51-1

libro

Educación vial na aula
Pilar González González


Conxunto de actividades sobre a educación vial para tratar de mellorar o comportamento dos nenos e futuros adultos neste tema, ó tempo que se lles dan unha serie de recomendacións sobre prevención.

21 x 29,5. 260 páx. 18,05 €
I.S.B.N.: 84-89947-45-7

libro

A chegada do euro
María Méndez


Trátase dunha peza máis que, cun grande espírito divulgativo, está destinada, sobre todo, a que a poboación máis nova comprenda o cambio que se aveciña.

15 x 24. 88 páx. 11,45 €
I.S.B.N.: 84-89947-58-9

libro

A escola: factoría de sons
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Destinado a que os alumnos dunha escola calquera se familiaricen co mundo dos sons e do ritmo, por iso ademais de falar de diversos instrumentos musicais se chama a atención sobre eses sons diarios.

15 x 24. 72 páx. 7,85 €
I.S.B.N.: 84-89947-44-9

libro

A prensa na área da lingua
Mª Dolores López Ameijeiras, Fernando Blanco Lado e outros...


Caderno didáctico que trata das posibilidades de traballar coa prensa na área de lingua e das vantaxes que isto supón, desde o enriquecemento léxico e mellora da redacción ata aprender a ler os xornais.

15 x 21. 160 páx. 10,25 €
I.S.B.N.: 84-89947-62-7

libro

Educar para a igualdade a través da literatura infantil
Pilar Bar, Josefa Lago e outras...


Esta é unha mostra dalgúns dos traballos realizados para introducir aspectos transversais do currículo na práctica diaria da aula.

15 x 24. 112 páx. 9,65 €
I.S.B.N.: 84-89947-41-4

libro

Encrucillados
Paulino Novo Folgueira


Recompilación de encrucillados que contribúen a fomentar a cultura galega, conseguindo que as persoas aprendan palabras e feitos importantes.

15 x 24. 148 páx. 7,85 €
I.S.B.N.: 84-89947-57-0

libro

Educación ambiental na aula
Jacinto Ruíz e Ariana Fernández


Os autores teñen a pretensión de divulgar, dunha forma amena e rigorosa, o que se fixo e se está a facer con respecto á educación ambiental.

15 x 24. 144 páx. 10,85 €
I.S.B.N.: 84-89947-49-X

libro

Guía didáctica do camiño de santiago
Montse Carneiro


A historia e a lenda do Camiño de Santiago. O equipo necesario para facelo. As diferentes etapas do camiño cos tesouros que conteñen: a arte, a paisaxe, as anécdotas.

15 x 24. 80 páx. 10,25 €
I.S.B.N.: 84-89947-48-1

libro

O debate na aula
María Blanco


As diferentes técnicas de debate e a súa aplicación no contorno escolar. Os diferentes tipos de debate coas súas vantaxes e inconvenientes. Os elementos necesarios para o debate.

15 x 24. 64 páx. 9,65 €
I.S.B.N.: 84-89947-50-3

libro

O dereito na aula
Autora Manuela Blanco Jiménez


O desexo divulgativo e o enfoque didáctico marcan este libro que pretende introducir os escolares no mundo do dereito.

15 x 24. 172 páx. 9,65 €
I.S.B.N.: 84-89947-42-2

libro

O divertido mundo da música
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Caderno didáctico que mostra ós alumnos os diferentes ritmos que poden resultarlles familiares. Ó mesmo tempo contén unha serie de contos relacionados co mundo da música.

15 x 24. 112 páx. 9,65 €
I.S.B.N.: 84-89947-43-0

libro

A documentación na aula
Marita Otero


Pequeno manual de pistas para recoller bibliografía. Vías para que as rapazas e rapaces poidan buscar información nos medios de comunicación e nas bibliotecas.

15 x 24. 140 páx. 10,85 €
I.S.B.N.: 84-89947-05-8

libro

Aprende que é a empresa sen perderte na economía
Fernando González Macías


Nocións básicas da empresa. Elementos que a compoñen. Tipos de empresa. Grandes doutrinas empresariais. As principais empresas españolas e galegas.

15 x 24. 132 páx. 9,05 €
I.S.B.N.: 84-89947-20-1

libro

Internet na aula
Xosé López, Marita Otero e outros...


Introducción nas aulas dun novo escenario mediático. As súas posibilidades, primeiras consecuencias e servicios que ofrece.

15 x 24. 104 páx. 9,05 €
I.S.B.N.: 84-89947-13-9

libro

O deseño na aula
Mario Rúa Coó


Historia do deseño. Deseño industrial. Deseño gráfico. Deseño de envases. Deseño electrónico. Deseño arquitectónico e de interiores. Autores. Exercicios.

15 x 24. 124 páx. 10,25 €
I.S.B.N.: 84-89947-11-2

libro

Os instrumentos musicais
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Libro de exercicios. Suxire ó rapaz que busque e experimente. Esperta o seu interese polos instrumentos de música e pola música en xeral.

15 x 24. 148 páx. 12,05 €
I.S.B.N.: 84-89947-08-2

libro

Compón o teu xornal
Fernando González Macías


Achegamento dos rapaces ás técnicas de confección de periódicos dun xeito práctico. Amosa o proceso paso a paso e con exemplos feitos por xente coma eles.

15 x 24. 48 páx. 9,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-16-1

libro

Ecoloxía na aula
María Solar


Libro dirixido a educadores, pais e rapaces. Pretende ser unha ferramenta de traballo que cubra o burato dos plans de estudio en materia de educación ambiental. Céntrase especialmente en Galicia.

15 x 24. 72 páx. 10,25 €
I.S.B.N.: 84-89947-09-0

libro

Música e artes plásticas
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Libro cheo de preguntas e case baleiro de respostas, co propósito de aumentar a súa capacidade de análise evitando limitar a súa imaxinación con códigos ríxidos.

15 x 24. 48 páx. 9,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-10-2

libro

O neno compositor
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Libro de actividades e exercicios para que o alumno aprenda a escribir pequenas cancións ou melodías, e aumente así a súa capacidade de análise.

15 x 24. 72 páx. 9,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-17-X

libro

O nadal e as súas panxoliñas
Serafín Marcos Fernández Villanueva


Partindo da riqueza musical da época do Nadal, proxéctanse neste libro unha serie de actividades para ensinar ó neno o dominio do ritmo e da unidade harmónica, a entoación e a expresión corporal.

21 x 29,5. 84 páx. 12,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-91-9

libro

Teatro na escola. O xogo dramático
Mercedes García Castro


Qué é o teatro. Teatro para nenos. A obra dramática. Os personaxes. O elemento dramático. Os actores. O corpo como vía de expresión. A montaxe... Manual de teatro para rapaces

21 x 29,5. 72 páx. 12,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-95-1

libro

Teatro na escola. Xogando ó teatro
Mercedes García Castro e Consuelo Trujillo


Libro feito para xogar. Unha chea de propostas para que os rapaces e rapazas descubran a capacidade da súa imaxinación mediante a expresión corporal.

21 x 29,5. 60 páx. 12,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-97-8

libro

Achegámonos á orquestra
Ana L. Portela e Cecilia L. Portela


A orquestra. O papel do director. Perfil biográfico dun director. Os instrumentos: coñecemento visual, auditivo e espacial. Material de apoio. Discografía, bibliografía e videografía.

21 x 30,5. 108 páx. 10,85 €
I.S.B.N.: 84-88553-81-1

libro

O caixón da música (dous volumes: primeiro e segundo curso de primaria)
Ana L. Portela e Cecilia L. Portela


A música como obxecto mediático e de aprendizaxe na escola. Actividades pensadas para conseguir aprendizaxes significativas.

20,5 x 29,5. 72 páx. 10,85 € c/u
I.S.B.N.: 84-88553-59-5

libro

O caixón da música. Libro do profesor
Ana L. Portela e Cecilia L. Portela


Manual que serve de guía dos contidos desenvolvidos nos libros do mesmo título para os cursos de 1° e 2° de Primaria.

20,5 x 29. 224 páx. 15,05 €
I.S.B.N.: 84-88553-60-9

libro

O caixón da música. Cancións e danzas (musicasete)
Ana L. Portela e Cecilia L. Portela


Catorce cancións e danzas. Sete para primeiro de Primaria e sete para segundo de Primaria.

3,05 €
I.S.B.N.:

 

Comunicación

Textos Media

Biblioteca básica do deporte

Cadernos didácticos

Sociedade

Mar

Viaxes

Psicopedagoxía

Historia e Tradidición

Supernova

Cadernos Mediáticos

Saúde

Narrativa




Quen Somos