Edicións Lea é unha editorial especializada no libro galego, con máis de 200 títulos publicados en 14 coleccións.

 

 

NOVIDADES: Setembro de 2006

14 coleccións

Edicións Lea ten publicados máis de 200 libros en 14 coleccións.

 
Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar
Ariana Fernández Palomo

Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar é o resultado de longas conversas da autora, Ariana Fernández, con Mimina, muller de Díaz Pardo, un dos máis grandes artistas galegos que, ademais, contribuíu co seu pulo intelectual e empresarial ao desenvolvemento de Galicia.

25 x 21cm. 206 páx. 28€
I.S.B.N.: 84-95444-70-4

Onde ninguén pode chegar
David Rubín

Galardoada co primeiro premio de banda deseñada Castelao da Deputación da Coruña, o autor reflexiona sobre o amor e a tristeza a través do personaxe dun superheroe apoiándose nunha estrutura narrativa moi singular.

29,7 x 21 cm. 64 páx. 12 €
I.S.B.N.: 84-95444-68-2

NOVA COLECCIÓN BANDA DESEÑADA

A galerna de 1961
Hixinio Puentes Novo

Hixinio Puentes Novo achéganos o relato das consecuencias sufridas por morr do forte temporal que azoutou a costa norte da península Ibérrica a mediados do pasado sçeculo, e do que as testemuñas conservan nítidas lembranzas.

24 x 21 cm. 300 páx. 28€
I.S.B.N.: 84-95444-64-X

100 xogos sen barreiras
Rita Mª Díez Rechou

Proposta didáctica na que se aposta pola integración do alumnado con necesidades educativas especiais nas class de educación física. Compilación de 100 xogos amplamente explicados e ilustrados para que todos e todas poidan xogar sen exclusións.

15 x 21 cm. 228 páx. 18€
I.S.B.N.: 84-95444-66-6

Cheché Martín: Futbol sobre lenzo
Arturo Lezcano González

Biografía de José María Rodríguez, máis coñecido como Cheché Martín, un dos primeiros xogadores do Deportivo. Persoa polifacética, nesta obra descóbrese a súa relación coa arte (pintura), a súa vida no exilio, o seu labor como adestrador e xogador de fútbol...

15 x 21 cm. 368 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-62-3

Os Naufraxios da Galicia Norte (Provincia Marítima de Ferrol). Volume II
Hixinio Puentes Novo

Este título vén completar as investigacións do estudoso Hixinio Puentes Novo a propósito dos afundimentos ocorridos na franxa norte da nosa costa. Compilación de datos rigorosamente contrastados e de nova información recolida neste libro.

20 x 24,5 cm. 192 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-58-5

Comunicación e Corpo
Vicente González Radío

O corpo como tema, o corpo como continente, o corpo como contido... é o obxecto delimitado deste estudo con todas as implicacións que leva consigo. Ensaio no que as apoiaturas filosóficas, antropolóxicas e sociais serven de referentes á hora de configurar o percorrido do estudo do corpo.

15 x 24 cm. 172 páx. 16 €
I.S.B.N.: 84-95444-56-9

Globalización e Interdisciplinariedade. 5 propostas prácticas para 6 materias da ESO
Sonia Pena Gómez, Ana B. Vázquez Rey, Mª. José Troitiño López e J. Alfonso Blanco Quintela

Tomando como eixe a formación integral do alumnado, este libro pon en práctica a interdisciplinariedade na docencia a través dun conxunto de sesións ue combinan a interrelación entre distintas materias: educación física, matemáticas, informática, música, plástica e ciencias sociais, xeografía e historia.

20 x 20 cm. 144 páx. 18 €
I.S.B.N.: 84-95444-52-6

As Vías Romanas na Provincia de lugo
Benito Sáez Taboada

Tras a publicación do estudo as comunicacións romanas na provincia da Coruña, o autor amplía as súas investigacións á prrovincia de Lugo, analizando o trazado e a función das antigas rutas dos romanos.

Ilustrado

14,5 x 24 cm. 184 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-57-7

Os Naufraxios da Galicia Norte (Provincia Marítima de Ferrol)
Hixinio Puentes Novo

Estudio completo e rigoroso dos naufraxios ocorridos entre as Rías de Ares-Ferrol e Punta da Cruz, en Ribadeo. O libro divide este territorio en partes, e en cada unha delas proporciona unha relación por orde cronolóxica dos diferentes episodios.

20 x 24,5 cm. 488 páx. 35 €
I.S.B.N.: 84-95444-30-5

O Xantar da Memoria
Lois Caeiro

Conxunto de amenos artigos que teñen como fío conductor a temática da cociña e nos que o autor, director do diario El progreso, introduce anécdotas persoais e outros aspectos. Un libro na liña do inesquecible La casa de Lúculo, de Julio Camba.

PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE PERIODISMO GASTRONÓMICO 2004 AO MELLOR TRABALLO XORNALÍSTICO PUBLICADO NUN MEDIO ESCRITO DE GALICIA.

15 x 23,5 cm. 140 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-44-5

Caldeirada para Dous (Mortos)
Miguel Vila Pernas

Baseándose nas permanentes referencias culinarias en Mazurca para dos muertos, de Camilo José Cela, o autor describe algunhas claves para entender a cociña galega actual a partir dos usos e costumes tradicionais.

PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE PERIODISMO GASTRONÓMICO 2004 AO MELLOR LIBRO SOBRE GASTRONOMÍA GALEGA.

15 x 23,5 cm. 164 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-50-X

A Fada Morgana
Santiago Gutiérrez García

Rigoroso ensaio arredor do fascinante mundo artúrico que nos achega a figura da irmá do rei Arturo, enmarcándoa nos distintos textos conservados e contándonos a súa evolución ó longo da literatura medieval.

15 x 23,5cm. 324 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-32-1

Xogos Serodios
Manuel Anxo Laxe Freire

Nesta novela intimista, o autor afonda nas relacións de parella nunha idade de transición e de reflexión vital como é a madurez cun pano de fondo que reflicte a tensión dun mundo que esmorece ante a modernidade.

15 x 21 cm. 236 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-49-6

Historia da Radio en Pontevedra
Mercedes Román Portas e Aurora García González

As autoras describen o panorama da radio na cidade de Pontevedra, caracterizado pola soa presencia de Radio Pontevedra ata a chegada de novas emisoras á capital.

Inclúe testemuños dos protagonistas e anexos das primeiras gravacións.

21 x 21 cm. 108 páx. 12 €
I.S.B.N.: 84-95444-47-X

As Comunicacións Romanas na Provincia da Coruña
Benito Sáez Taboada

Este tratado analiza exhaustivamente o trazado e función das antigas rutas romanas na provincia da Coruña achegando novas e interesantes hipóteses sobre esta temática.

Ilustrado.

14,5 x 24 cm. 152 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-18-6

Noticias de Galicia na Radio de Fin de Século
Manuel F. Rodríguez

Pertencente á colección Textos Media, este libro analiza a presencia das noticias de Galicia no medio radiofónico facendo calas nas princiais cadeas a finais do século XX.

15,2 x 24 cm. 212 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-48-8

Fotografía e Imaxe Dixital
Paulo Porta Martínez

Con este libro descubrimos o mundo da fotografía dixital e as innumerables aplicacións que unha cámara dixital nos ofrece. Paso a paso e con exercicios exemplificados con fotografías a toda cor, resulta de fácil lectura e comprensión para calquera afeccionado.

21 x 21 cm. 156 páx. 18 €
I.S.B.N.: 84-95444-42-9

La sombra del escapista
Rubén Abella

Galardoada co XIV Premio de narrativa Torrente Ballester, esta novela somérxenos nun emocionante relato sobre a fascinación colectiva que os veciños da rúa Luna senten por Beato, un personaxe tan seductor coma enganoso, un home que sanda, engaiola e fai reverdecer o mundo, pero que oculta un segredo terrible. En castelán.

13,5 x 20 cm. 226 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-43-7

A conservación da casa e a unidade da familia. Historia e costume do Dereito Civil Galego
Rosa Fernández-Montenegro Iglesias

Primeira entrega dunha colección que pretende achegárno-la nosa historia e a súa relación co Dereito Civil galego. Visión amena e divulgativa acerca da propiedade da terra e da súa relación coa familia.

20 x 20 cm. 78 páx. 9 €
I.S.B.N.: 84-95444-31-3

Julio Camba: unha lección de xornalismo
Fermín Galindo Arranz

Fermín Galindo analiza nesta obra o vallor xornalístico de Julio Camba a través da lectura dos seus artigos, reflectindo a súa faceta como ser humano e como columnista irónico e brillante.

12,5 x 21 cm. 78 páx. 6,5 €
I.S.B.N.: 84-95444-27-5

Economía, Empresa e Sociedade. Homenaxe a Eduardo Barreiros
Coordinadores: Rafael María García Rodríguez / Valentín Alejandro Martínez Fernández

Arredor da figura do empresario Eduardo Barreiros, inestimable referente de traballo, tenacidade, loita e afán de superación, varios autores estudian diferentes aspectos relacionados co mundo empresarial.

21 x 29,7 cm. 406 páx. 22,85 €

Novas tendencias do xornalismo electrónico
Xosé López García, Manuel Gago Mariño e José Pereira Fariña

Neste libro descríbese e analízase un novo escenario dentro do hipersector da comunicación, no que conviven os medios xa tradicionais coas novas propostas que cada día irrompen con máis ou menos eficacia.

20 x 20 cm. 78 páx. 13 €
I.S.B.N.: 84-95444-31-3

Ensinanza e xogos de predeporte para nenos de curtas idades
Víctor Arufe Giráldez

Un dos orimeiros libros que aborda o deporte orientado ós máis pequenos, contemplado desde o seu aspecto máis lúdico e tamén na súa dimensión de contribución á formación integral do neno. Contén 119 propostas de xogo.

14,5 x 21 cm. 120 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-28-3

A escultura en Compostela
Mª Rosa Enríquez Salido
libro

Percorrido pola escultura compostelá a través da nómina dos grandes escultores galegos, da representación de tódolos estilos artísticos e dos materiais e técnicas empregados.

20 x 20 cm. 100 páx. 11,45 €
I.S.B.N.: 84-95444-06-3

 

 

Comunicación

Textos Media

Biblioteca básica do deporte

Cadernos didácticos

Sociedade

Mar

Viaxes

Psicopedagoxía

Historia e Tradición

Supernova

Cadernos Mediáticos

Saúde

Narrativa





Quen Somos